24 xuño 2022

FIN DE CURSO

 As mestras de 4º de Primaria deséxavos a todos os nenos, nenas e familias, un verán moi feliz e cheo de aventuras e boas lecturas.

Goza das vacacións, da praia e da familia.

 

 

 

 

 

06 xuño 2022

SAÍDA PEDAGÓXICA: APÍPOLIS

O 24 de maio, o alumnado de 4º de Primaria fixemos unha  visita pedagóxica "APÍPOLIS"

Apípolis sitúase nunha leira de 10.000  m2, ademais das salas de exposicións teñen zonas habilitadas para o descanso, para o xogo (hai unha pista de  minibasket); unha sala de usos múltiples e varios talleres destinados á realización de actividades. Tamén dispón dunha tenda na que, ademais dos produtos exclusivos, ofrecen unha gran variedade de produtos relacionados dalgunha forma coas abellas.

 O  obxectivo principal é mostrar, mediante as relacións entre as abellas e os seres humanos, a importancia que estas teñen para nós e para o medio no que nos desenvolvemos. 

Aquí tendes algúns momentos da nosa visita.

 

                                        PASÁMOLO XENIAL!!!