21 decembro 2022

29 setembro 2022

KAHOOT - O TEMPO E O CLIMA


                                       
                                          Clica na imaxe e repasa o tema O TEMPO E O CLIMA
                                                     
                                                                         VER PODIO

24 xuño 2022

FIN DE CURSO

 As mestras de 4º de Primaria deséxavos a todos os nenos, nenas e familias, un verán moi feliz e cheo de aventuras e boas lecturas.

Goza das vacacións, da praia e da familia.

 

 

 

 

 

06 xuño 2022

SAÍDA PEDAGÓXICA: APÍPOLIS

O 24 de maio, o alumnado de 4º de Primaria fixemos unha  visita pedagóxica "APÍPOLIS"

Apípolis sitúase nunha leira de 10.000  m2, ademais das salas de exposicións teñen zonas habilitadas para o descanso, para o xogo (hai unha pista de  minibasket); unha sala de usos múltiples e varios talleres destinados á realización de actividades. Tamén dispón dunha tenda na que, ademais dos produtos exclusivos, ofrecen unha gran variedade de produtos relacionados dalgunha forma coas abellas.

 O  obxectivo principal é mostrar, mediante as relacións entre as abellas e os seres humanos, a importancia que estas teñen para nós e para o medio no que nos desenvolvemos. 

Aquí tendes algúns momentos da nosa visita.

 

                                        PASÁMOLO XENIAL!!!

 

 

 

11 maio 2022

Florencio Delgado Gurriarán - Letras Galegas 2022

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas ao escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. 

O autor naceu en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finou en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987.

En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia.

A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985).

Tamén se encargou da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry.

A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022 fundamentalmente pola súa obra poética e pola súa defensa e militancia en prol dos valores democráticos.

Para coñecer máis da interesante vida deste autor recomendámosvos que visitedes a páxina da Real Academia Galega da Lingua, Primavera das Letras (pincha na seguinte imaxe), onte atoparedes unha biografía escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blaca Millán.   

 

E tamén na páxina da Real Academia Galega, a serie documental: O soño da Galicia Infinda. 

 Coñece un pouco máis de Florencio Delgado

23 abril 2022

DÍA DEL LIBRO 2022


 El colegio celebrará el día del Libro la semana del 25 -29 de abril.

ACTIVIDADES

  • El lunes 25 de abril, el alumnado de 4º de Primaria, apadrinarán y amadrinarán al alumnado de 1ºA, 1ºB, 1ºC . Irán a las clases correspondientes a recoger al alumnado y bajarán con ellos al patio donde les leerán un cuento.
  •  Durante toda la semana el alumnado de E.I, 1º, 2º Y 3º, irán a las aulas del alumnado de 4º, 5º, 6º y leerán cuentos en voz alta.

 Debemos animar a leer a nuestro alumnado, es la mejor garantia del éxito escolar durante su estancia en el colegio.

 

28 marzo 2022

RECONQUISTIÑA 2022

 O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria, participamos na reconquistiña.

         4º A

No colexio, antes da concentración na LAXE
4º B

4º C


Aquí vos deixamos un video publicado por Atlántico.

 

21 marzo 2022

VISITA DE LEDICIA COSTAS

O martes 15 de marzo, visitounos a escritora Ledicia Costas, autora do libro 

" A SEÑORITA BUBBLE", que estivemos a ler neste segundo trimestre.

Despois de charlar co alumnado e mestras, chegou a hora de asinar  o libro a cada neno/a.

Moitas grazas!!!

Aquí vos deixamos un video para que lembredes ese día.

4ºA 

      4º B   
 


4º C
 
 


 

 

12 marzo 2022

O entroido é unha das festas máis antigas que se celebra en toda Europa. A súa orixe está nas celebracións das tarefas agrarias e a chegada da primavera. En Galicia ten moita tradición e significa a entrada a unha nova estación, a primavera. Tamén se chama carnaval. O Entroido é unha época de festa e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.

 

07 marzo 2022

 KAHOOT: A SEÑORITA BUBBLE

                                       Clica na imaxe para repasar
 

23 xaneiro 2022

DÍA DA PAZ 2022

 O venres, 28 de xaneiro, celebraremos no noso colexio o día da PAZ.

Todo o alumnado e mestres/ras, cantaremos  " VIVAN LAS MANOS DE COLORES".

Algúns nenos e nenas aprenderán esta canción dende a súa casa.

ANÍMATE, SERÁ DIVERTIDO

13 xaneiro 2022

OS SENTIDOS

 Realiza a seguinte actividade interactiva. Ao rematar enviar ao correo da vosa titora.

Os correos están no lateral dereito.