05 outubro 2026

VISITA NO COLEXIO

A música do Ateneo de Bembrive visita o noso cole

Recibimos a visita da Orquestra do Ateneo de Bembrive, que nos achegou unha vez máis ao marabilloso mundo da música.


Clica para ver a presentación


Durante o recital, o alumnado puido gozar dunha actuación en directo. Foi unha experiencia moi especial, na que a música se converteu nunha oportunidade para aprender, descubrir e compartir.

As nenas e os nenos participaron con moito entusiasmo. 

Moitas grazas por compartir con nós a vosa música!