12 xuño 2020

ENGLISH



Queridos nenos e nenas

          Remata o curso ! A que ao final pasou o tempo voando ?

          Xa sabedes que me encanta cantar e quería despedirme de vos este curso cantando. Acompañádesme?

          Pasaron tres meses dende que deixamos o cole.Tras todo este tempo quería dicirvos "MOITAS GRAZAS" polo voso esforzo e traballo. Síntome moi orgullosa de todos e de todas. Sen dúbida podo dicirvos que:

I´M  SO HAPPY





          Grazas pola vosa adicación, por cumprir coas vosas tarefas, por estar atentos e atentas ás actividades propostas no blogue, por amosar unha vez máis que sodes uns campións e campionas. Podedes cantar ben alto todos e todas:

WE ARE THE CHAMPIONS !




          Merecedes un bo descanso e unhas felices vacacións así que vos desexo de corazón HAPPY SUMMER! HAPPY  HOLIDAYS ! con esta canción: 


                                                                   BABY SHARK 





          Estou desexando vervos .Seguro que xa medrachedes un montón e estades feito uns mozos e mozas. A ver se vos coñezo cando vos vexa ! So queda esperar que chegue pronto setembro e dicir por fin:


 ALL TOGETHER NOW!





          Gostaríame tamén agradecer aos vosos pais e nais  a sua comprensión e colaboración neste curso atípico .

          Unha agarimosa e forte aperta para todos e todas e xa sabedes...




Ningún comentario:

Publicar un comentario