As mestras de 4º de Primaria deséxavos a todos os nenos, nenas e familias, un verán moi feliz e cheo de aventuras e boas lecturas.
Goza das vacacións, da praia e da familia.
As mestras de 4º de Primaria deséxavos a todos os nenos, nenas e familias, un verán moi feliz e cheo de aventuras e boas lecturas.
Goza das vacacións, da praia e da familia.
O 24 de maio, o alumnado de 4º de Primaria fixemos unha visita pedagóxica "APÍPOLIS"
Apípolis sitúase nunha leira de 10.000 m2, ademais das salas de exposicións teñen zonas habilitadas para o descanso, para o xogo (hai unha pista de minibasket); unha sala de usos múltiples e varios talleres destinados á realización de actividades. Tamén dispón dunha tenda na que, ademais dos produtos exclusivos, ofrecen unha gran variedade de produtos relacionados dalgunha forma coas abellas.
O obxectivo principal é mostrar, mediante as relacións entre as abellas e os seres humanos, a importancia que estas teñen para nós e para o medio no que nos desenvolvemos.
Aquí tendes algúns momentos da nosa visita.
PASÁMOLO XENIAL!!!