11 maio 2022

Florencio Delgado Gurriarán - Letras Galegas 2022

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas ao escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. 

O autor naceu en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finou en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987.

En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia.

A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985).

Tamén se encargou da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry.

A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022 fundamentalmente pola súa obra poética e pola súa defensa e militancia en prol dos valores democráticos.

Para coñecer máis da interesante vida deste autor recomendámosvos que visitedes a páxina da Real Academia Galega da Lingua, Primavera das Letras (pincha na seguinte imaxe), onte atoparedes unha biografía escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blaca Millán.   

 

E tamén na páxina da Real Academia Galega, a serie documental: O soño da Galicia Infinda. 

 Coñece un pouco máis de Florencio Delgado